viernes, 9 de mayo de 2014

EXCURSIÓN XUÑO 2014



AVISO PARA OS CLUBS DE LECTURA DE 3º E 4º DA ESO. A DATA LÍMITE PARA ESCRIBIR AS RESEÑAS NO BLOG É O VENRES 6 DE XUÑO XA QUE DEBEMOS CONFIRMAR AS PERSOAS QUE IRÁN Á EXCURSIÓN DO LUNS 16 DE XUÑO E É REQUISITO IMPRESCINDIBLE TER AS OBRAS DAS TRES AVALIACIÓNS LIDAS. ESPERÁMOSVOS.



A viaxe de fin de curso dos clubs de lectura do IES María Sarmiento de Viveiro será totalmente gratuita este ano. É requisito imprescindibel para poder facer a actividade, ter lidos os tres libros que se propuxeron para cada club. Trátase dunha viaxe sorpresa (non sabedes onde imos) que se levará a cabo o luns 16 de xuño en horario escolar, é dicir, dende as 8’30h ata as 17’30, polo que os que dependades do transporte escolar non teredes ningún problema para participar. Simplemente necesitades calzado cómodo deportivo, gorra para o sol, bañador, toalla, crema solar e o bocadillo coa bebida para o mediodía. O último día para entregar a autorización ás profesoras coordinadoras dos clubs de lectura é o xoves 12 de xuño. Un saúdo.